Sala de Prensa

Síguenos en nuestra redes sociales

Axudas á dotación de equipamentos e activos que fomenten a innovación e a competitividade da industria cultural e creativa galega

A CINEMAR FILMS, concedeuselle a subvención ao abeiro da Resolución do 4 de agosto de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas á dotación de equipamentos e activos que fomenten a innovación e a competitividade da industria cultural e creativa galega ao abeiro do programa Hub da industria creativa galega, financiadas ao 100% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) dentro do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da Unión Europea á pandemia da COVID-19, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento CT207N), con número de expediente CT207N/2022/58, por importe de noventa e seis mil oitocentos sesenta e dous euros con cincuenta e seis céntimos (96.862,56 €).

CINEMAR FILMS é un estudio de son orientado aos clientes e impulsado polo seu valor.

Esta resolución aprobada por D. Román Rodríguez González dunha subvención de importe máximo de 100 000 euros á dotación de equipamentos e activos que fomenten a innovación e a competitividade da industria cultural e creativa galega contribuirá decididamente a lograr que CINEMAR FILMS se reforce e mellore a capacidade das súas instalacións. O proxecto non só incrementará a capacidade do noso estudio, senón tamén a súa eficiencia:

» A modernización das instalacións, planificada desde hai moito tempo, instalará a nova tecnoloxía ATMOS nunha das salas de dobraxe, reflectindo o compromiso de CINEMAR FILMS de traballar para satisfacer as crecentes necesidades das nosas produtoras.
» A instalación de dúas novas salas independentes para dobraxe e edición representa un paso importante na mellora da nosa capacidade para asumir novos proxectos.
» A remodelación da sala de efectos para cine (Sala Foley) implicará dividila en dous espazos novos: unha sala de dobraxe independente e mais unha sala de efectos coa mesma calidade de outrora.

Á busca sempre da polivalencia das instalacións e do mellor aproveitamento dos espazos de traballo, con este proxecto conseguiremos dotar o estudio dunhas instalacións modernas eficientes que teñen a mirada posta no futuro.
Estamos emocionados de marcar este fito en CINEMAR FILMS e lograr que a nosa carteira de servizos estea dispoñible para cada vez máis produtoras.

En CINEMAR FILMS abandeiramos un xeito diferente de traballar co son que impulsa as produtoras máis alá dos intereses económicos e colaboramos para que os proxectos emerxentes se poidan coñecer en todo o mundo.